Un dos piares fundamentais da empresa é a preocupación polo coidado e a preservación do ambiente. Esta sensibilización cara o medio, ten levado a Remosa á fabricación dunha ampla gama de produtos destinados a este fin, coma por exemplo a estación depuradora de oxidación total, fosas, separadores de hidrocarburos, depósitos, etc…. entre outros.
 
Seguindo coa liña básica de actuación a favor do ambiente , Remosa, fundaméntase nun rigoroso control da calidade tanto a nivel interno coma externo. Proba diso é a concesión das certificacións ISO 14001:2004 e a renovación da ISO 9001:2008 que certifica a actividade de Remosa, coma o “deseño e fabricación de sistemas de depuración e almacenaxe de líquidos, co obxectivo de mellorar e conservar o ambiente”.