Un dos
piares fundamentais da empresa é a preocupación polo
coidado e a preservación do ambiente. Esta sensibilización
cara o medio, ten levado a Remosa á fabricación dunha
ampla gama de produtos destinados a este fin, coma por exemplo a
estación depuradora de oxidación total, fosas, separadores
de hidrocarburos, depósitos, etc.... entre outros.
Seguindo coa liña básica de actuación a favor
do ambiente , Remosa, fundaméntase nun rigoroso control da
calidade tanto a nivel interno coma externo. Proba diso é
a concesión das certificacións ISO 14001:2004 e a
renovación da ISO 9001:2000 que certifica a actividade de
Remosa, coma o "deseño
e fabricación de sistemas de depuración e almacenaxe
de líquidos, co obxectivo de mellorar e conservar o ambiente".
|