Os
tres grandes mercados de actuación céntranse en ESPAÑA,
FRANCIA E PORTUGAL, aínda que a súa presenza internacional
inclúe 14 países máis:
Alemaña, Andorra, Arxelia, Bélxica,
Chile, Costa Rica, EEUU, Lituania, Marrocos, Países Baixos,
República Dominicana, Rusia, Tunicia e Zaire.
A experiencia que Remosa ten adquirido
desde 1981, tradúcese hoxe en día nunha salientable
presenza no mercado nacional e internacional, unha extensa rede
comercial, composta por profesionais con ampla experiencia no sector,
e asesoría técnico- comercial para tódolos
seus clientes.
|